31/05/16

Caderno de Animais raros

Traballo colectivo de todo o alumnado de 4º. Canto aprenderon!

19/02/16

Quen foi Diego Velázquez?


Xa sabedes que Diego Velázquez pintou As Meminas. Pero, que máis sabedes del? Onde naceu? Como viviu? Que lle gustaba?... Todo isto (e moito máis) ímolo aprender. Obxectivo: escribir a biografía deste pintor.
Para elo, deberás:
1.-Escoller un compañeiro/a co que compartirás este traballo (entre dous trabállase mellor)
2.-Seguir o guión do que xa dispós.
3.- Recoller a información que precises dos documentos que se relacionan máis abalixo e dos que tes na Biblioteca Escolar.
4.-Faredes un borrador que iredes correcindo coa profe.
5.-Darédeslle a forma definitiva ao traballo. LEMBRA que deberás tomar nota de todos aqueles documentos dos que obteñas información co fin de escribilos na Bibliografía (ao final do traballo) Tamén as imaxes.

 Fontes:
Arte para niños
El pintor Diego Velázquez para niños
Mira como aprendo!
Biografía
Las Meninas en 3D
Museo del Prado. Obra comentada (video) Varios

28/09/13

Xa estamos en 4º

Un curso máis e xa estamos en 4º, con novos compañeiros/as. Damos a benvida a Joel, Adrián e Naroa. Bo comezo de curso a tod@s!!!


11/03/13

Maruja Mallo, muller traballadora

Os falcatrueiros de 3º traballamos e gravamos a biografía de Maruja Mallo, co gallo do Día da Muller Traballadora. Picando na imaxe veredes a súa vida e obra e picando abaixo escoitaredes a gravación. Traballo este, adicado a Zoe e Brais, que por estar enfermos non puideron gozalo con nós.

16/02/13

Noticia en La Voz de Galicia

A nosa visita ao Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte noticia en La Voz de Galicia.
Picando na foto poderedes ver a noticia.


foto de www.lavozdegalicia.es

Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte

O venres, @s falcatrueir@s de 3ºA visitamos o Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte situado en Corme, unha realidade grazas á Fundación Torre-Pujales.
Tod@s gozamos moito da visita guiada por Javier e Óscar que nos abriron as portas ás pinturas de Julio Pujales e outras obras (pinturas e esculturas) de diversos artistas contemporáneos.
Para rematar firmamos no libro de visitas, agradecendo o esforzo de todos os que fixeron posible que o arte se achegue á Costa da Morte, e visitamos o Faro Roncudo.
Paga a pena visitar o Museo, nós deixámosvos un enlace a súa web "Museo de Arte Contemporáneo Costa da Morte" e as fotos da nosa visita (pica na foto).



09/02/13

16/01/13

Leandro Lamas

Como sei que os nenos e nenas de 3º andan a traballar con cousiñas de arte e con Leandro Lamas, deixovos este video que ¡me encanta!

21/12/12

Nadal 2012

Xa forman parte do noso album picasa as fotos do nadal 2012: a nosa decoración da árbore aludindo ao tema elexido este curso "Pintores" e os traballos tan fermosos dos nosos talleres de nadal.
Bo Nadal a tod@s e que o Apalpador e os Reis Magos veñan cargadiños de agasallos para tod@s!!!